Santiago de Compostela, cidade para eventos, congresos e incentivos

eventos, congresos e incentivos en Santiago de CompostelaSantiago de Compostela conta con numerosos atractivos e recursos que a fan ideal para asegurares o éxito de calquera congreso, evento ou incentivo.

En Trevisani non podemos ser imparciais con ela. Aínda que traballamos noutras cidades e localizacións, dentro e fóra de Galicia, en Santiago temos as nosas oficinas e é onde realizamos os nosos proxectos máis a miúdo.

Por que escoller Santiago para un evento?

Comecemos polas localizacións.

A Catedral de Santiago e a cidade que medrou arredor dela ofrecen un centro histórico, Patrimonio da Humanidade para a Unesco, con numerosos emprazamentos para preparar citas inesquecibles.

Non son estraños os peregrinos que chegan a Compostela e que, tras coñecela, a escollen para a realización dun evento profesional.

Santiago conta tamén cun Palacio de Congresos e Exposicións preparado para aquelar todo tipo de eventos de xeito cómodo.

Ademais, a Cidade da Cultura, no monte Gaiás, coa súa impresionante arquitectura, converteuse nos últimos anos noutro recinto moi utilizado para recibir congresos, presentacións ou feiras profesionais.

O tradicional Mercado de Abastos, co seu bulebule diario, é tamén un foco de atracción e un marco distinto para a realización de actividades.

A contorna da cidade, cos distintos camiños que converxen na Praza do Obradoiro, ofrece numerosas posibilidades para a organización de incentivos.

A estas opcións súmaselle unha nutrida rede de museos, salas de exposicións, xardíns públicos e lugares emblemáticos que tamén poden acoller eventos.

Congresos universitarios

Pero ademais, falar de Santiago é falar da súa universidade, nada na altura do século XV.

A institución conta cun amplo calendario de actividades ao longo de todo o ano nas súas distintas facultades e escolas.

Edificios históricos, como o Pazo de Fonseca, contan con salas nobres perfectas para actos oficiais e solemnes.

Outras vantaxes para os congresos, incentivos e eventos en Santiago

O programa social das reunións, en Compostela, acada un éxito seguro.

A gastronomía dos restaurantes e o produto galego de calidade son un ingrediente engadido para optares pola cidade, ben sexa nas comidas e ceas oficiais ou no tempo libre para congresistas.

En Santiago aséntanse numerosas empresas auxiliares que facilitan o éxito de todo tipo de eventos: artistas, produción e realización audiovisual, montaxes, tradución, cátering, traslados…

Non podemos pasar por alto que a súa planta hoteleira da máxima categoría supera as 7.500 prazas, preparada para acoller congresos cunha asistencia numerosa.

O aeroporto da Lavacolla ou a estación de tren facilitan a chegada dos asistentes a estas citas profesionais.

O carácter central de Santiago en Galicia supón unha vantaxe á hora de configurala como punto de partida para un evento ou incentivo que se desenvolva en distintas localizacións da súa xeografía.

En definitiva, Santiago de Compostela ofrece moito para todo tipo de congresos, feiras profesionais e eventos. Se te decides por ela… avísanos.

Deixámosvos un exemplo en vídeo, o resumo da X Olimpíada Española de Economía.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *