O audiovisual galego celebrou os 18 anos dos Premios Mestre Mateo

Foto de familia de los Premios Mestre Mateo 2020

Trevisani é a empresa colaboradora deste evento responsable do protocolo

A Coruña acolleu a noite do sábado 7 de marzo a celebración dos Premios Mestre Mateo, os galardóns do audiovisual de Galicia.

O Palacio da Ópera herculino foi a sede deste evento no que Trevisani foi empresa colaboradora, un ano máis, como responsable de protocolo, xestión de asistencias, deseño do sitting ou coordinación do photocall.

Ademais, a cita contou co traballo do seu persoal auxiliar e azafatas.

Os premiados na gala

Deixamos a nota de prensa da Academia Galega do Audiovisual.

A terceira longametraxe de Oliver Laxe O que arde, venceu en seis das doce categorías nas que optaba a premio: obtivo os premios de Mellor Longametraxe -Miramemira, 4A4, Kowalski Films e Tarántula- e Mellor Dirección para Oliver Laxe.

Os académicos e académicas tamén recoñeceron a dirección de arte de Samuel Lema Curru Garabal, o traballo na dirección de fotografía de Mauro Herce, na montaxe de Cristóbal Fernández e no son de David MachadoAmanda VillaviejaSergio Silva e Xavi Souto.

Hierroa serie de PortocaboMovistar +ArTe France e Atlantique Productions acadou catro galardóns: o premio a Mellor Serie de Televisión, ademais de Mellor Dirección de Produción para Ana MíguezMellor Guión para Pepe CoiraFran AraújoAraceli GondaCoral Cruz e Carlos Portela e Mellor Música Orixinal para as composicións de Elba Fernández e Xavi Font.

Quen a ferro mata, que partía como favorita con quince candidaturas, obtivo tres premios: o de Mellor Actor de Reparto para o lembrado Xan CejudoMellor Actriz de Reparto para María Vázquez e Mellor Maquillaxe e Perruquería para Susana Veira e Beatriz Antelo.

Da adaptación para a pantalla grande do éxito teatral da compañía Chévere Eroski-Paraíso foron recoñecidos os seus intérpretes principais: Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, nas categorías de actor e actriz protagonista.

Outras categorías nos Premios Mestre Mateo

Dous galardóns obtivo tamén Segredos, desmontando Galicia: o de Mellor Programa de Televisión e Mellor Realización paraMarcos Barrios Carreira.

Manoliño Nguema, producido por Filmika Galaika, gañou o premio ao Mellor Documental mentres que Antes de perderde RTVE e Cósmica Producións, se fixo co premio á Mellor Serie Web.

16 de decembrodirixida por Álvaro Gago, conquistou o de Mellor Curtametraxe de Imaxe Real e Homomaquia de David Fidalgo Omil o de Mellor Curtametraxe de Animación.

Santiago cidade de cinemade Islandia Producciones, fixo o propio co de Mellor Anuncio e Esquimales (Heredeiros da Crus) de Xaime Miranda, co premio ao Mellor Videoclip.

O traballo de María Fandiño en Lobos e Cordeiros acadou o premio á Mellor Vestiario, mentres que Lucía Regueiro obtivo o premio de Mellor Comunicadora polo seu traballo en Bamboleo.

Ademais de premiar a excelencia dos profesionais e producións do ano, a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey, que este ano foi para o proxeccionista do CGAI-Filmoteca de Galicia José Maria Rodríguez Armada, Chema.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *