Presentación de Aleksandar ‘Aza’ Petrovic: O Camiño acaba no Obradoiro”

IV Edición del evento El Camino acaba en Obradoiro con Aza Petrovic evento obradoiro aza petrovic foto xaime cortizo

O documental “Aleksandar ‘Aza’ Petrovic: O Camiño acaba no Obradoiro” presentouse nun evento ante autoridades, patrocinadores e seareiros

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani colabora unha tempada máis co Monbus Obradoiro CAB, o equipo de Santiago na liga Endesa ACB de baloncesto.

Dentro do calendario de actividades auspiciado polo club, o Hotel Congreso acolleu a presentación do documental “Aleksandar ‘Aza’ Petrovic: O Camiño acaba no Obradoiro”.

Trátase dun audiovisual dirixido pola axencia Sherpa que recolle as vivencias do xogador realizando o últimas cinco etapas do Camiño Portugués.

En palabras de Aza Petrovic: “Este Camiño influíu moito na miña vida persoal. Primeiro reencontreime co pasado. Os adestradores non temos tanto tempo para pensar no que pasou anos atrás e o primeiro día, con Corbalán, tiña que facer algo. Para min era moi importante empezar o Camiño con esa desculpa a Juan Antonio Corbalán. Telo a el na primeira etapa foi moi importante para min, para entrar cunha alma máis limpa. En segundo lugar, facelo co meu fillo. Como non vivimos os últimos anos xuntos, este camiño reencontrounos e unido. Coma pai éncheme de orgullo. Agora estamos a pasar moito máis tempo xuntos”.

Petrovic tamén apuntou que “foi unha experiencia que, nalgúns aspectos, cambioume a vida. Creo que son mellor persoa. Moi poucas veces heime sincerado tanto e na entrevista final deste documental conseguín abrirme totalmente, falando de cousas que só a miña nai ou a miña familia coñecían. Hai 23 anos que vivín en Sevilla e cría que ía ser a miña única casa ao volver a España. Agora sei que Santiago de Compostela tamén o é”.

A de ‘Aza’ Petrovic é a cuarta ocasión na que se realiza esta proposta denominada ‘O Camiño  acaba no Obradoiro’, que liga o Camiño de Santiago con lendas do baloncesto

Para realizarse, conta coa achega de Turismo de Galicia, Estrella Galicia, Caixabank, Correos ou Vermú St. Petroni.

Xaime Cortizo foi o fotógrafo da presentación.

Apoio de Trevisani neste evento

Entre as tarefas de Trevisani para esta presentación da cuarta parte de ‘O Camiño acaba no Obradoiro estiveron:

  • Colaboración en protocolo e relacións públicas
  • Confirmación de asistencias
  • Secretaría técnica
  • Apoio no directo

Ademais de implicarse nesta clase de eventos, Trevisani ofrece o servizo de azafatas e persoal auxiliar nos distintos partidos que se xogan no Multiusos Fontes do Sar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *