Trevisani, na Gala Solidaria de la Fundación Andrea

entradas de la gala de Navidad de la Fundación Andrea de Santiago

Este evento anual da Fundación Andrea recada recursos para as actividades desenvoltas pola entidade benéfica de Santiago

O persoal auxiliar da empresa de organización de congresos Trevisani colaborou na Gala Solidaria de Nadal da Fundación Andrea.

Este evento, que chegou a súa edición número 14, celebrouse no Pazo de San Lourenzo, en Santiago de Compostela, o sábado 23 de novembro.

O acto anual ten como obxectivo recadar fondos para as iniciativas que desenvolve esta entidade, centrada no apoio ás nenas e nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e ás súas familias.

Azafatas e azafatos de Trevisani colaboraron, de xeito desinteresado, para o correcto desenvolvemento desta cita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *