Fórum Gastronómico Barcelona, do 18 ao 20 de novembro

forum gastronómico barcelona 2019 evento

A pastelería e a cociña doce serán protagonistas no Fórum Gastronómico Barcelona 2019, evento que se desenvolverá en novembro

O Fórum Gastronómico Barcelona, que se celebrará do 18 ao 20 de novembro no Pavillón 8 do recinto Montjuïc de Fira de Barcelona, programará iniciativas destinadas a potenciar o mundo da repostería.

Este evento, organizado por Fira de Barcelona a través da súa sociedade Alimentaria Exhibitions conxuntamente con Fòrum Gastronòmic, ocupará por completo os 6.000 metros cadrados de superficie expositiva neta e 4.000 metros de espazo dedicado a actividades.

En total, participarán máis de 200 empresas expositoras e agárdase a visita duns 30.000 profesionais do sector da restauración e a gastronomía.

Baixo o lema ‘(Re)pensar a gastronomía’, o salón convidará á introspección sobre o momento culinario actual.

Grandes nomes neste evento

Uno dos grandes reclamos do Fórum Doce deste ano é a presenza de René Frank, alma mater de CODA (Berlín), o primeiro restaurante de sobremesas de Alemaña, que impartirá un obradoiro sobre as tendencias no mundo da alta pastelería e a cociña doce.

Dentro do Fórum Doce tamén terá lugar a final da quinta edición do concurso TheBestDessert, organizado por Espai Sucre ­–o primeiro restaurante de sobremesas que abriu no mundo, reconvertido en escola de pastelería­- coa colaboración de Valrhona e Eslamiada Ingredients, para promover a cociña doce.

O xurado, composto por mestres como Albert Adrià, Jordi Butron, René Frank, Jordi Roca e Xano Saguer, outorgará dous recoñecementos: o Premio TheBestDessert- Espaisucre ao Mellor #Pasteleiro de Restaurante 2019, e o Premio Valrhona á Mellor Sobremesa de Restaurante de Chocolate.

Nesta ocasión, ademais, outorgarase a Albert Adrià o Premio Pierre Gagnaire, un recoñecemento á traxectoria e contribución dun profesional do sector polo seu traballo, esforzo e dedicación á pastelería de restaurante.

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani é delegación en Galicia de Fórum Gastronómico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *