As feiras profesionais ReforMÁS e INMOGalia despídense de EXPOCoruña cun grande éxito

Evento: ferias ReforMÁS e INMOGAALIA, en EXPOCoruña

O evento contou coa visita de máis de 5.000 visitantes especialmente interesados durante as súas tres xornadas

A II edición da feira profesional ReforMÁS e a I edición de INMOGalia vivíronse en EXPOCoruña entre o 19 e o 21 de outubro.

Xa se pode avanzar que esta cita foi un grande éxito e que encara os primeiros pasos de cara a súa seguinte celebración.

Máis de 5.000 visitantes achegáronse ata o recinto feiral para visitaren os 130 postos, participar nas xornadas técnicas ou actividades, informarse sobre axudas e propostas ou, simplemente, gozar deste dobre evento.

Cómpre salientar a idoneidade do público, moi interesado nas propostas presentadas e no ofrecido nos diferentes postos.

O seu perfil era o de profesionais do ramo ou persoas que se enfrontan a unha rehabilitación, reforma ou compra de vivenda ou local comercial, o que redundou na satisfacción duns expositores que se atoparon con interlocutores moi válidos.

En EXPOCoruña puidéronse atopar novas tendencias, produtos e sistemas construtivos, ao mesmo tempo que se creaba un punto de encontro para as súas empresas e emprendedores.

A complementariedade entre os dous eventos especializados, ReforMÁS e INMOGalia, revelouse como un acerto.

Na última xornada tiveron lugar os sorteos para os visitantes, cortesía de distintos expositores.

A campaña Coruña Rehabilita, presentada no evento

No marco de ReforMÁS presentouse a campaña municipal A Coruña Rehabilita, que incrementa notablemente, ata duplicalas ou triplicalas, as contías das subvencións na cidade nesta materia.

“O dereito de todos os vecinos e as veciñas ao acceso a una vivenda digna é para este goberno local una prioridade.

Por iso, e porque cremos que o desenvolvemento urbano da Coruña debe pasar pola conservación e rehabilitación da cidade existente, acabamos de aprobar una importante modificación da ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles para fomentar a rehabilitación no ámbito PEPRI e núcleos tradicionais, coa introdución por vez primeira de criterios sociais e un importante aumento das contías máximas que duplica e triplica os importes de subvencións vixentes en toda a cidade”, sinalou o concelleiro da área, Xiao Varela.

Propostas das feiras INMOGalia e ReforMÁS

A aposta de ReforMÁS por atraer aos profesionais e interesados nas solucións de vangarda en reforma, rehabilitación, interiorismo,  paisaxismo, consultaría e servizos confirmou o valor da súa aposta.

ReforMÁS ofreceu un extenso programa de actividades durante os tres días, que contou con colaboradores de altura, coma o Clúster da Madeira e Deseño de Galicia, coas súas V xornadas de rehabilitación MásMadera; CasaDecor, a artista Gosia Trebacz ou a Fundación Laboral de la Construcción.

A calidade das xornadas técnicas foi especialmente acaída. O público mostrouse moi interesado en afondar nos seus coñecementos sobre materiais, resistencias, illamentos, eficiencia enerxética…

Tamén resultou moi satisfactoria a primeira edición de  INMOGalicia, que atraeu a distintos tipos de expositores: inmobiliarias tradicionais, empresas de servizos, cooperativas de vivenda, promotoras, construcións prefabricadas ou vivendas modulares.

Os promotores de  INMOGalia recalcaron a vocación de continuidade desta feira dedicada a un sector inmobiliario galego que volve despegar con novos actores e novas propostas.

Implicación da empresa de organización de eventos Trevisani

A empresa de organización de congresos e eventos Trevisani encargouse, entre outras tarefas, da secretaría de produción, azafatas e comunicación de InmoGalia.

Trevisani traballou conxuntamente con EXPOCoruña, promotora de ReforMás, nesta dobre feira profesional.

Pola súa banda, La Voz de Galicia foi a empresa impulsora de InmoGalia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *