ReforMás e InmoGalia, ferias del sector de la construcción e inmobiliario, en EXPOCoruña del 19 al 21 de octubre

expocoruña feria profesional InmoGalia y ReforMásReformas, rehabilitación, inmobiliaria, interiorismo, xardín, paisaxismo e servizos serán protagonistas a partir deste venres neste dobre evento con entrada de balde

 O recinto feiral de EXPOCoruña ofrece dende este venres 19 ao domingo 21 unha cita dobre: ReforMás e InmoGalia Salón Inmobiliario de Galicia.

Trátase dunha oferta integral e de entrada gratuíta para todo o público dedicado ou interesado nas reformas e o sector inmobiliario.

O seu horario é de 11 a 20 horas venres e sábado; e de 11 a 19 horas, o domingo.

Serán máis de 100 postos e de 6.000 metros cadrados de superficie expositiva, nos que tamén poderán atoparse espazos acondicionados para xardíns ou vehículos industriais.

ReforMás, na súa segunda edición, reunirá ao público xeral e a profesionais do sector para informar sobre as últimas novidades e as novas solucións de vangarda en construción eficiente, paisaxismo sustentable, interiorismo de tendencias, consultaría innovadora e servizos.

Trátase dun en evento mixto, dirixido tanto a profesionais como ao público final.

Ademais, non esquece os servizos paralelos, coma seguros, arquitectos,  deseñadores de interiores ou  paisaxismo.

ReforMás ofrecerá unha programación continua de actividades. O Clúster da Madeira e  Deseño de Galicia impartirá as súas xornadas bianuais de rehabilitación  MásMadera. Ademais conta coa colaboración de  CasaDecor na área de interiorismo.

Unha ampla programación en forma de relatorios, clases maxistrais, debates e mesas redonda.

En especial, contará cunha serie de obradoiros especialmente preparados para nenos, impartidos pola artista Gosia  Trebacz e a Fundación Laboral da Construción.

InmoGalia. O Salón Inmobiliario de Galicia

Pola súa banda,  InmoGalia Salón Inmobiliario de Galicia celebra a súa primeira edición coa meta de crearen unha cita de referencia para os actores do sector.

Desde os seus organizadores maniféstase a vontade de mostrar a realidade dun campo que cambiou sobre como era hai anos e que necesita ser mostrado tal e como é hoxe.

Entre os seus expositores atópanse, amais de inmobiliarias tradicionais, empresas de servizos, cooperativas de vivenda, promotoras, construcións prefabricadas ou vivendas modulares.

O sector inmobiliario é un actor fundamental da economía galega e nel están implicados, dun xeito directo ou indirecto, numerosos actores.

A súa incidencia na creación de emprego, no medio ambiente, na configuración dos núcleos de poboación ou no día a día de todos os cidadáns fan necesario un evento destas características.

Outro traballo da empresa de organización de eventos Trevisani

A empresa de organización de eventos Trevisani encargase, entre outras tarefas, da secretaría de produción de InmoGalia e traballa conxuntamente con EXPOCoruña, promotora de ReforMás, nesta dobre feira profesional.

Pola súa banda, La Voz de Galicia é a impulsora de InmoGalia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *