Clausúrase o 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia

Mar Lorenzo Carmen Pomar, María Emilia Vázquez RozasA Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolleu o peche do 50 aniversario dos seus estudos en Galicia o 28 de novembro

No acto de clausura participaron Mar Lorenzo, vicereitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago; Carmen Pomar Tojo, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional; e María Emilia Vázquez Rozas, decana en funcións da Facultade.

Emilia Vázquez fixo un percorrido pola andaina de oito anos no decanato e das distintas celebracións co gallo do 50 aniversario; agradecendo o traballo e maila colaboración de numerosas personalidades e institucións.

“Foi para min unha honra estar ao fronte dunha Facultade que tivo un relevante papel no desenvolvemento de Galicia, na nosa economía e cultura, unha facultade de prestixio que procurei incrementa e cando menos manter”, sinalou Vázquez.

Máis dun ano cheo de eventos

Concluía deste xeito máis dun ano de celebracións vertebradas nun programa de actos conmemorativo que xuntou figuras galegas e internacionais da materia.

Pódense salientar nese abano o congreso “50 anos de economía galega”; a celebración da fase final da X Olimpíada Española de Economía; a reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE); o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior”; ou o “Encontro Universidade – Empresa APD”, entre outras propostas.

Actos desenvolvidos na xornada de clausura

Antes do peche, a xornada de clausura comezou cunha reunión do Comité Consultivo da Facultade compostelá.

A continuación presentouse o Catálogo de obras de arte do centro, nunha sesión coa participación do catedrático e ex decano José Carlos de Miguel e máis de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia de Arte Moderna e Contemporánea.

María del Carmen Guisán, directora da Revista Galega de Economía, e a decana en funcións Emilia Vázquez mostraron o número extraordinario da Revista, que recolle as participacións e conclusións do Congreso “50 anos de economía galega”, celebrado o mes de abril dentro do calendario de actividades do aniversario.

Pola súa banda, a mesa redonda “Os 50 anos de Economía Galega na prensa” abordou a vinculación entre estes dous campos, coa presenza de Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os profesores Xaime Barreiro eJosé Antonio Varela; e mailos xornalistas Sofía Vázquez (La Voz de Galicia) e Xavier Cea (El Correo Gallego).

Precisamente o tratamento da economía pola prensa é o eixo da exposición que xa se exhibe no centro e que conta coa colaboración de La Región, El Progreso, Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Achega un total de 45 capas e de páxinas destacadas desde 1968, ano de inicio dos estudos de economía en Galicia e da inauguración da Facultade compostelá, e supón unha viaxe ao longo do tempo.

Tarefas de Trevisani no 50 aniversario

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani contou coa confianza do comité do aniversario dos estudos de economía en Galicia e implicouse na súa posta en marcha.

Entre sus responsabilidades han estado:

  • Apoio na conceptualización global
  • Secretaría técnica de congresos, reunións e presentacións
  • Xestión de relatores
  • Produción
  • Apoio en protocolo e relacións públicas
  • Deseño de imaxe e identidad gráfica
  • Comunicación dos eventos
  • Realización de entrevistas e recursos
  • Contidos para portal web
  • Creación e xestión de redes sociais
  • Azafatas e personal auxiliar
  • Apoio na procura de patrocinios
  • Elaboración de materiais
  • Servizo de fotografías e vídeos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *