Por que confiar nunha empresa de eventos con traxectoria?

Globos. Empresa de organización de eventos y congresos.

Ante as preguntas de como se organiza, chamemos a unha empresa de eventos e congresos profesional

Temos que pedir permisos? Quen se encarga de chamar aos invitados? Onde sentamos a cada un? Como saímos no xornal? Pomos á nosa sobriña Lourdes de azafata? Seguro que reciclar unha saba para que sirva de pancarta na mesa presidencial é unha boa idea?

Cando un particular, unha empresa ou unha institución ponse o organizar un evento atópase axiña con moitas preguntas e con cuestións que non esperaba.

E aí entra(mos) os profesionais. Porque o mundo dos eventos e congresos é máis complicado do que parece.

Cunha empresa de eventos integral tes a garantía de que o teu congreso vai saír adiante do mellor modo.

Pero seguro que unha empresa de eventos é cara…

Velaí a frase maldita, a que provoca que moitas persoas que o precisan non busquen unha empresa de eventos e congresos de garantías. A elas só podemos dicirlles: sentarnos, falar das vosas necesidades e preparar un orzamento que pode ter varias versións… é de balde.

Ollo, o trato habitual con provedores permite conseguir mellores tarifas das que se ofrecen aos particulares ou consumidores puntuais, e ese aforro pode ser moi importante.

Despois de moitos anos traballando, consíguese facer posible o imposible.

Do mesmo xeito, o contar cun gabinete de comunicación reforzando o noso evento beneficia a repercusión na prensa e a través das redes sociais.

O retorno en imaxe pública é importante ou, noutras palabras, xa que o facemos… que se saiba!

Ademais, unha empresa de eventos consolidada asegura a dispoñibilidade de habitacións nos mellores hoteis, o cumprimento de prazos na entrega dos distintos materiais, persoal auxiliar e azafatas de garantías… E, en xeral, a axilidade para solucionar problemas de alguén que xa se enfrontou antes a situacións semellantes.

O demo, como case sempre, está nos detalles.

En Trevisani coidámolos desde hai máis de 20 anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *