Que son os incentivos?

equipo incentivo eventosLanzámonos ao mundo dos incentivos e coñecemos algunhas posibilidades para a súa realización en Galicia

Un dos campos profesionais do mundo MICE máis descoñecidos para o público xeral é o dos incentivos.

Segundo o dicionario, un incentivo pode ser un “estímulo que se ofrece a unha persoa, grupo ou sector da economía co fin de elevares a produción e mellorar os rendementos”.

Debullando un pouco, no mundo dos eventos entendemos os incentivos coma unha celebración que aspira a crear bo ambiente e dinámica de grupo.

Detrás deles pode ser o premio por unha boa traxectoria ou, simplemente, o fomentares un correcto espírito de equipo.

Xa que logo, empresas e colectividades adoitan organizar reunións, xornadas e viaxes de grupo nos que, en lugar de reunións ou obradoiros tradicionais, óptase por aquelalos dun xeito máis rebuldeiro.

Os que acuden a un incentivo descubren, moitas veces, aspectos e reaccións do seus compañeiros que son distintos aos do día a día na empresa. Serven para afondar nas relacións persoais.

Nestas viaxes prepáranse actividades que buscan a sorpresa e que, en numerosas ocasións, se desenvolven en exteriores.

Recordemos, para os despistados, que MICE é a abreviatura para Reunións, Incentivos, Conferencias e Exhibicións, polas súas siglas en inglés.

En que pode consistir un incentivo?

Entre os distintos pratos dun bo menú de incentivo, poden estar:

  • Visitas e viaxes a lugares pouco coñecidos
  • Xornadas de convivencia
  • Práctica de deporte sen carácter competitivo
  • Pequenas probas para fomentar o espírito de equipo
  • Comidas e ceas
  • Concursos de coñecementos
  • Entregas de premios cun toque divertido
  • Experiencias a medida

As sorpresas son un ingrediente básico dos incentivos pero, para que estas non sexan malas, convén ir da man de expertos.

Galicia está a mostrarse nos últimos anos como un destino ideal para a realización de incentivos e en Trevisani estamos especializados na súa organización.

Tramos do Camiño de Santiago, travesías en barco polas rías, ceas e comidas en pazos ou lugares emblemáticos preparadas por cociñeiros con Estrela Michelin, visitas a lugares de especial beleza do interior… hai mil posibilidades.

Se estás a pensar en montar un incentivo, contacta connosco!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *