Camiño do 32º Congreso de OPC España

congreso OPC España Logotipo

O congreso abordará as innovacións tecnolóxicas, a sustentabilidade ou a emoción nos eventos

Os días 20, 21 e 22 de febreiro celebrarase en Galicia a edición número 32 do Congreso de OPC España; o “congreso de congresos” que contará, o día 19, co anticipo do III Foro MICE.

As cidades da Coruña e de Santiago de Compostela serán as sedes, aínda que no seu programa social tamén hai ocos para a costa galega ou o Camiño de Santiago.

Ademais da oportunidade de mantermos encontros profesionais do máximo nivel, os relatorios, presentacións e mesas deste congreso son ben xeitosos.

O seu programa está centrado nas innovacións tecnolóxicas, a sustentabilidade, a aposta polo territorio e o reto de emocionar aos asistentes a eventos.

Tamén haberá oco para as presentacións de destino ou o papel dos patrocinadores.

Sobre OPC España

OPC España é a agrupación sectorial que agrupa os organizadores profesionais de congresos de todo o estado e no seu seo conviven as agrupacións territoriais coma OPC Galicia, que ten coma actual presidenta á nosa directora Ana Trevisani.

Así, o congreso de OPC España é unha cita moi especial para o equipo de Trevisani e estamos moi implicados na súa organización, do mesmo xeito que o resto de empresas que forman parte de OPC Galicia.

Conceptualización do proxecto, deseño de liñas, presentación da candidatura en OPC España, proclamación como gañadora, discusión sobre temáticas concretas, divulgación entre os distintos actores, procura de apoios, contacto con relatores… son algúns dos pasos que se levan dado ata o de agora.

Coa súa celebración en febreiro, que esperamos sexa un éxito, finalizará un traballo de meses no que se conseguiu a implicación de distintas empresas colaboradoras e institucións.

Galicia no sector dos congresos

Cremos que o desenvolvemento profesional do sector dos congresos, especialmente en Galicia, é unha tarefa conxunta.

E, aínda que xa vivimos un bo momento, seguimos a dar pasos para que sexa aínda mellor.

Desde Trevisani queremos convidar a todos os profesionais e interesados nos congresos, feiras profesionais e incentivos a interesarse por este evento.

Toda a información do Congreso de OPC España está no seu portal web https://congreso2020. opcspain. org/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *