Trevisani, na Supercopa Endesa ACB

cartel de la supercopa endesa acb, evento en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela acolle a Supercopa Endesa ACB de baloncesto, a empresa de organización de congresos e eventos Trevisani traballa nesta gran cita deportiva

A Supercopa Endesa ACB de baloncesto é o grande evento que se celebra o venres 20 e o sábado 21 de setembro no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.

Comezarán a competición coas semifinais o venres cun Kirolbet Baskonia – FC Barcelona Lassa ás 19:00 horas; e ás 21:30 horas xogarán o Real Madrid e o Monbus Obradoiro.

Xa o sábado chegará o concurso de triplas El Corte Inglés desde as 18:15. E, ás 19.15 horas, a grande final.

No concurso de triplas van participar Jaycee Carroll (Real Madrid), Kyle Kuric (Barça Lassa), Matt Janning, (Baskonia) Kostas Vasileiadis (Monbus Obradoiro), Matt Thomas (Valencia), Alberto Corbacho (Delteco GBC) e Patricia Cabrera (Baxi Ferrol).

Esta competición está organizada pola Liga Endesa ACB e será retransmitida en directo polo canal Vamos.

Tarefas de Trevisani na Supercopa Endesa ACB

Entre outros traballos, a empresa de organización de eventos e congresos Trevisani traballa nesta cita en:

  • Azafatas e persoal auxiliar
  • Adaptacións de imaxe e creatividades
  • Produción

Trevisani e o Monbus Obradoiro

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani colabora desde hai dúas tempadas co Monbus Obradoiro, o equipo de baloncesto da capital de Galicia.

O persoal auxiliar e as azafatas de Trevisani serven de apoio nos partidos no Multiusos de Sar; pero o equipo de Trevisani tamén traballa noutros actos do club, como convencións de empresas, dinamización de accións externas, apoio en Relacións Públicas e Protocolo…

Horarios da Supercopa Endesa ACB

Venres 21, de setembro:
19:00 Barça Lassa – KIROLBET Baskonia (#Vamos)
21:30 Monbus Obradoiro – Real Madrid (#Vamos)

Sábado, 22 de setembro:
18:15h – Concurso de Triples El Corte Inglés (#Vamos)
19:15h – Final (#Vamos)

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *