Presentación do libro de Mariano Rajoy “Una España mejor” (Plaza & Janés)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado por membros do Goberno galego, participa na presentación do libro de Mariano Rajoy Una España mejor. Evento no Auditorio Abanca, Santiago de Compostela, 09/12/19. Foto XUNTA de Galicia.

O evento de presentación do volume do expresidente do Goberno xuntou en Santiago máis de 600 persoas

Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, compartiron a presentación en Galicia dunha España mellor, o libro do expresidente do Goberno editado hai pouco por Plaza & Janés.

O auditorio Abanca de Santiago de Compostela acolleu o luns 9 de decembro máis de 600 convidados para un evento que contou coa presenza de numerosas autoridades, medios de comunicación e destacados actores da vida empresarial e cultural galega.

Rajoy manifestouse “emocionado” no acto e salientou que, aínda que o libro é un repaso á súa etapa á fronte do Executivo, reservou o seu primeiro capítulo para a súa traxectoria previa en Galicia, onde desempeñou cargos como deputado autonómico, concelleiro ou presidente da Deputación de Pontevedra.

Razóns para escribir este libro

Sinalou entre as razóns para escribir este volume a súa “responsabilidade” tras ser presidente do Goberno e a súa convicción de que “as experiencias duns poden ser útiles a outros máis adiante”. Ao redactar tentou “ser rigoroso e que o libro sexa ameno”.

Pola súa banda, Alberto Núñez Feijóo gabou ao autor e a un libro que “traslada o desexo de que o lector comparta a idea de que a moderación é útil para o ben común, sempre e en calquera circunstancia”.

A boa acollida de Una España mejor, editado por Plaza & Janés este mes de decembro, púxose de manifesto coa expectación que espertou esta presentación e o anuncio de que xa conta cunha cuarta edición.

Segundo a editorial, Una España mejor é un testemuño imprescindible para entendermos os feitos decisivos duns anos nos que España enfrontouse a transos moi complexos como a ameaza do rescate, a abdicación do rei ou a crise catalá, asuntos que ocupan un lugar destacado nas súas páxinas.

No prólogo, Rajoy apunta: “É a miña crónica persoal duns anos dificilmente esqueci­bles, anos nos que España correu serios riscos e de como os vivín desde a Presidencia do Goberno. Non quixen que, como me ocorreu en ocasións durante a miña vida po­lítica, outros falen por min ou me atribúan palabras que non dixen”.

“Despois de valoralo detidamente, rectifiquei as miñas fundadas prevencións contra esta incursión no mundo da escritura e cheguei á conclusión de que a responsabilidade de gobernar España esixíame tamén o deber de contar a miña versión desa parte da nosa historia en común, un período do que se pode dicir calquera cousa, menos que fose intranscendente”, sinala o autor.

Servizos e traballos de Trevisani neste evento

Dentro do abanico de servizos contratados pola editorial á axencia de organización de eventos Trevisani estivo o persoal auxiliar e azafatas; a colaboración en protocolo e relacións públicas para o sitting ou colocación de invitados no patio de butacas; ou o apoio en comunicación.

En concreto, en materia de prensa, Trevisani colaborou en tarefas como o envío de convocatoria e nota de prensa, a dinamización nas redaccións ou o seguimento aos medios galegos, sempre en coordinación co equipo propio de Praza & Janés.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *