XI Olimpiada Española de Economía, en Madrid

Olimpiada española de economía 2019.

A Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales da Universidad Complutense organiza a XI edición da Olimpiada Española de Economía do 25 ao 27 de xuño

A empresa de organización de eventos Trevisani traballa desde hai meses na posta en marcha da XI Olimpiada Española de Economía.

Este evento está organizado pola Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales da Universidad Complutense.

A fase final do certame celebrarase do 25 ao 27 de xuño, en Madrid.

Precisamente, ese centro celebra os seus primeiros 75 anos e o evento enmárcase dentro do seu programa conmemorativo.

Un ano despois da celebrada en Galicia

Esta edición sucede á realizada en Compostela no 2018. da man da Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago e que foi un grande éxito.

Trevisani foi secretaría técnica nesa edición do evento, do mesmo xeito que no conxunto do programa do 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia.

Traballos de Trevisani na XI Olimpíada Española de Economía

Entre as funcións de Trevisani están:

  • Secretaría técnica
  • Administración xeral do evento
  • Xestión de hoteis
  • Coordinación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *