Todo listo para a gala dos XVIII Premios Mestre Mateo

Proclamación finalistas premios mestre mateo. Foto Academia Galega do Audiovisual. Eventos en Galicia.Os premios do audiovisual galego vanse entregar nunha gala o 7 de marzo, na Coruña

O Palacio da Ópera da Coruña acollerá a noite do sábado 7 de marzo a gala dos XVIII Premios Mestre Mateo, os premios da Academia Galega do Audiovisual.

Patricia Vázquez será a presentadora do evento que recoñecerá ás mellores obras e profesionais candidatos en 25 categorías diferentes.

Hierro, serie de televisión, suma un total de 16 postos de finalistas; mentres que as películas Quen a ferro mata ten 15 e O que arde, 12.

A identidade dos candidatos finalistas coñeceuse o 10 de febreiro no Teatro Colón da Coruña.

Pódese consultar a listaxe de finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo na propia web da Academia Galega do Audiovisual.

Trevisani volve colaborar nos Premios Mestre Mateo

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani colabora, un ano máis, na gala de premios do sector audiovisual de Galicia en angueiras como:

  • Protocolo e relacións públicas
  • Atención ao directo no evento
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Envío de convites e máis confirmación de asistencias
  • Coordinación de públicos e asistentes
  • Control de acceso
  • Coordinación de nomeados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *