Fairway 2019 consolídase como o grande fórum do Camiño de Santiago

Totem en Fairway Forum del Camino de SantiagoGrandes cifras anticipan o éxito de Fairway, Forum do Camiño de Santiago

Fairway, Forum do Camiño de Santiago vai rexistrar un notable incremento do número de casetas e expositores na feira profesional da súa terceira edición.

Ademais, cubríronse xa a práctica totalidade das prazas do workshop cando aínda falta un mes para que abra as súas portas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

O evento, que terá lugar entre o 10 e o 12 de febreiro, presentará ademais importantes novidades.

Son salientables o foro de investimento Fairway Invest ou o programa de formación Fairway Academy, que uniranse aos coloquios e mesas de debate do congreso ou á xornada de portas abertas, Fairway Open Day, que ofrecerá un completo programa de actividades para todos os públicos.

80% de ocupación no workshop

A terceira edición de Fairway continúa apostando polo formato de workshop para facilitar os encontros de traballo entre Hosted Buyers –empresas internacionais convidadas- e todos aqueles profesionais, empresas e organismos públicos vinculados a calquera dos Camiños de Santiago que estean interesados en presentar os seus produtos, destinos e servizos.

Confirmaron xa a súa asistencia como Hosted Buyers un total de 28 empresas procedentes de países de catro continentes, entre os que se atopan España, Portugal, Bélxica, Francia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Brasil, México, Sudáfrica e Australia.

Trátase de operadores de turismo, axencias de viaxes emisoras, centrais de reservas e axencias on- line, que foron convidados pola organización para participar no workshop.

A estas alturas, xa se ocuparon máis dun 80% das prazas dispoñibles para participar no workshop. O prazo de inscrición pecharase o vindeiro martes, día 15 de xaneiro.

Destacada presenza institucional

Fairway será máis que nunca o punto de encontro de todas aquelas persoas e institucións vinculadas ao Camiño de Santiago.

Confirmaron xa a súa presenza na feira máis de cincuenta casetas e un cento de expositores, o que supón un crecemento superior ao 20% con respecto á anterior edición de 2017.

Cómpre salientar o aumento de territorios representados institucionalmente a través de distintas administracións municipais, provinciais ou autonómicas.

Zonas representadas en Fairway 2019

Todas as comunidades polas que transcorre o Camiño Francés participarán na feira. Chama a atención así mesmo a destacada presenza lusa potenciada polo auxe do Camiño Portugués, que xa é a segunda ruta que máis peregrinos atrae.

En Fairway estarán presentes, por exemplo, con pavillón propio o Caminho Central, o Caminho da Costa ou cámaras municipais a título individual como a de Ponte de Lima.

Tamén contarán con casetas outros itinerarios oficiais e menos transitados como o Camiño do Norte ou o Camiño de Inverno.

Por lugares de procedencia, Fairway contará con participantes de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, A Rioxa, Navarra, Aragón, Castela e León, Catalunya, Madrid, Baleares, Irlanda e Portugal.

Todos eles confían no Fórum do Camiño para promocionar os seus atractivos e recursos turísticos.

Trevisani e Fairway 2019

Trevisani, empresa de organización de eventos e congresos, participa na organización de Fairway Forum do Camiño de Santiago xunto a Mister Turismo e Viajes Viloria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *