O sector galego de eventos e congresos presentouse en Madrid con Galicia MICE

presentación mice galicia en Madrid congresos y eventosOPC Galicia promove, con distintos apoios, estas presentacións para dar a coñecer os recursos e a profesionalidade dos seus asociados

A cidade de Madrid, en concreto o Kitchen Club, acolleu o 3 de outubro unha nova presentación do potencial do seu sector MICE ante máis de 100 profesionais.

Os organizadores profesionais, palacios de congresos e hoteis galegos queren con estes actos dar a coñecer os atractivos cos que conta Galicia para a organización de eventos.

A inciativa Galicia MICE está promovida por OPC Galicia  (Organizadores Profesionais de Congresos), a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, HOSPECO (Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña), e ASEHOPO (Asociación de Empresarios de Hospedaxe da provincia de Pontevedra), co apoio do Clúster Turismo de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia e os concellos das principais cidades galegas.

En concreto, a presentación no Kitchen Club é a terceira realizada na capital de España.

A cita estivo guiada polo actor Javier Veiga e contou coas intervencións da directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente de o Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal; ou a presidenta de OPC Galicia, Ana Trevisani,

Guía de servizos MICE

O sector MICE galego conta cunha ferramenta actualizada decote para aqueles que desexen organizar eventos neste país: a guía Galicia MICE.

Esta guía é o froito do traballo conxunto do sector e está dispoñible nunha web.

Organiza por cidades e actividades a oferta galega de OPCs, palacios de congresos, hoteis, restaurantes, tradutores, iniciativas de turismo de incentivo, transporte, deseño e servizos gráficos ou azafatas.

O seu obxectivo é facilitar a localización destes recursos a promotores e organizadores de reunións, viaxes de incentivos, convencións, feiras ou exposicións.

Datos do sector MICE en Galicia

O sector MICE move en Galicia arredor dos 60 millóns de euros anuais, xerados a través de máis de mil eventos de diferentes tamaños.

Considérase que o gasto medio dun participante en reunións e congresos é dun 30% máis ao dun turista convencional, alcanzando unha media de 250 euros ao día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *