Éxito do 32º Congreso de OPC España, organizado por OPC Galicia
Xuntáronse máis de 300 profesionais dos congresos e eventos
Santiago de Compostela acolleu o 32º Congreso de OPC España, a organización que agrupa ás distintas organizacións autonómicas de organización de congresos
OPC Galicia, entidade á que pertence Trevisani, foi a encargada de montar esta edición dun evento que xuntou máis de 300 profesionais no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
O traballo conxunto de socios, provedores, patrocinadores, institucións e colaboradores foi clave para o éxito desta cita.
A cita celebrouse entre os días 20 e 22 de febreiro, e tivo como aperitivo a celebración dun encontro de Foro MICE na Coruña.
Foro Mice agrupa, pola súa banda, a varias das principais asociacións de incentivos, eventos e congresos en España (MPI Spain, ICCA Iberia, SITE Spain, SpainDMCs e OPC España).
Tomaron parte no Congreso de OPC responsables de 15 organizacións de OPCs autonómicas; presidentes de colectivos profesionais de España e Europa; e responsables de hoteis e cadeas hostaleiras, palacios de congresos e espazos singulares e provedores de servizos a congresos.
Ademais de relatorios, talleres e reunións de traballo, preparouse a área CONVIDA para departir.
No programa social divulgáronse atractivos turísticos de Galicia, como o Camiño de Santiago, a Cidade da Cultura, Mercado e a Zona Vella en Compostela ou a Cidade Vella da Coruña.
Temas tratados no Congreso OPC
Entre as temáticas que se trataron estiveron: