Evento: IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

xaime mariño no evento das bibliotecas escolares de Galicia.

O Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela acolleu unha nova edición deste congreso dinamizador das bibliotecas escolares de Galicia

As IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia celebráronse os días 9 e 10 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta.

Este evento é a a cita anual do profesorado galego interesado en temas relacionados coa lectura, os alfabetismos múltiples, as bibliotecas escolares e a educación, en definitiva.

Partes do seu programa

O congreso está aberto a todos os docentes e deparou conferencias, presentación de boas prácticas nos distintos ámbitos do amplo mundo das bibliotecas escolares, mesas de debate…

Coma en anteriores ocasións, deparou unha sesión denominada A fume de carozo, para a comunicación de dez actividades moi concretas levadas a cabo en bibliotecas de centros educativos galegos, seleccionadas entre as candidaturas presentadas a tal efecto.

Contou cun interesantísimo programa.

Xa que logo, un dos obxectivos principais destas Xornadas é dar a coñecer as experiencias de calidade contrastada no desenvolvemento de bibliotecas escolares galegas como centros creativos de aprendizaxe.

Tamén se detén este evento nas boas prácticas en materia de formación lectora, voluntariado, biblioteca inclusiva, do programa Radio na Biblio e exemplos prácticos de desenvolvemento curricular a través de metodoloxías activas e de proxectos, vinculados á biblioteca escolar.

As sesións serviron ademais como ocasión para o encontro entre o profesorado do amplo colectivo de docentes implicado no funcionamento e avance destes espazos que adoita redundar no reforzo de vínculos persoais e mesmo no comezo de novas colaboracións.

Nas xornadas houbo espazo para a ciencia, a poesía, as culturas urbanas, a lectura crítica da imaxe, as bibliotecas e as súas transformacións; as belas artes, a tradición oral e a música; a investigación sobre lectura, tecnoloxía aplicada a materiais textiles, alfabetización transmedia ou hábitos de lectura.

En definitiva, outra gran e rebuldeira cita das Bibliotecas Escolares de Galicia.

Traballos de Trevisani neste evento

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani colaborou nestas IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia en distintos eidos:

  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Apoio en directo
  • Apoio en relacións públicas e protocolo
  • Xestión de recursos e materiais aos asistentes
  • Xestión das salas e auditorio
  • Escenografía

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *