Azafatas e persoal auxiliar, nos Premios “Gallego del Año” 2018

premios gallegos del año 2018 mesa presidencial en el Palacio de Congresos y Exposiciones de GaliciaO equipo de azafatas e persoal auxiliar de Trevisani traballou, un ano máis, nos premios organizados por El Correo Gallego

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, acolleu a XXIX edición de entrega dos Premios “Gallegos del Año”, organizados por El Correo Gallego.

Este evento celebrouse o xoves 12 de outubro e congregou a 1.500 persoas.

Como apoio en protocolo e relacións públicas, contou co traballo do persoal auxiliar e azafatas da empresa de organización de eventos Trevisani.

Premiados no evento

O “Gallego del Año 2018” é o político José Manuel Romay Beccaría, expresidente do Consello de Estado, quen tamén foi ministro do Goberno ou conselleiro da Xunta, entre múltiples cargos institucionais.

Ademais, tamén foron galardoados a deportista Ana Peleteiro; a Tuna de Dereito da USC; Miguel J. Carrero, quen preside a entidade Previsión Sanitaria Nacional; o enxeñeiro José Delfín Pérez; a doutora Manuela Camino; a oftalmóloga Victoria de Rojas; o empresario José Luis Antuña; a pediatra María Luz Couce; a Fundación María José Jove; o escultor Francisco Leiro; o neurocirurxián Alfredo García Allut; a asociación Aspas; o emprendedor Antonio Agrasar; e mailo enxeñeiro informático Fernando Suárez.

portal web de El Correo Gallego conta con máis información sobre estes Premios.

Especial Gallego del Año, en Correo TV

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *