A reunión dos pediatras de Atención Primaria galegos abordará emerxencias, aspectos legais sobre os menores ou patoloxías endocrinolóxicas

logotipo de agapapA XIII reunión da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebrarase este sábado 6 de abril, na Cidade da Cultura

Os pediatras de atención primaria de Galicia teñen o seu congreso médico anual o vindeiro sábado, 6 de abril, coa reunión a Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPap, que se celebrará no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago.

O colectivo, sempre co obxectivo de poder ofrecer a mellor atención médica posible aos nenos e as súas familias, actualizará coñecementos e debaterá sobre o día a día e a situación da súa profesión.

En concreto, este evento conta no seu programa con sesións dedicadas ás primeiras medidas ante unha emerxencia en Atención Primaria; as patoloxías en endocrinoloxía máis frecuentes na consulta e cando derivalas; os aspectos legais sobre o menor que todo pediatra debe coñecer; ou a aprendizaxe miccional correcta e os síntomas no tracto urinario inferior.

O acto inaugural desenvolverase ás 10:30 horas.

Programa da reunión da AGAPap

A reunión iniciarase cun relatorio sobre “Patoloxía endócrino lóxica máis frecuente na consulta de atención primaria, cando e como derivar? a cargo da doutora Ana María Prado Carro, endócrina infantil no CHUAC da Coruña.

O seminario “Aprendizaxe miccional correcta e manexo da sintomatoloxía do tracto urinario inferior” contará co cirurxián infantil Iván Somoza Argibay, tamén do CHUAC. Trátase dunha temática moi relevante, dada a súa alta incidencia.

A continuación chegará a asemblea xeral da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria.

Xa pola tarde terá lugar o seminario “Primeiras medidas ante unha emerxencia en Atención Primaria”, con Yolanda Fernández Santervás, pediatra no Hospital Sant Joan de Deú (Barcelona) e directiva da Sociedade Española de Urxencias de Pediatría SEUP.

Nel vaise incidir, fundamentalmente, nunhas nocións prácticas para detectaren precozmente situacións potencialmente graves que poden chegar a un Centro de Atención Primaria.

Explicarase como estabilizalas e iniciar un tratamento apropiado segundo patoloxía e seguindo os algoritmos recomendados.

Conferencia de clausura

Tradicionalmente, o último relatorio nas reunións da AGAPap conta cun experto dun campo diferente ao da pediatría pero de interese para a súa profesión.

Nesta ocasión, Carmen González León, profesora de dereito civil na Universidade de Salamanca, impartirá a conferencia de clausura “Aspectos legais sobre o menor de idade: o que o pediatra debe saber”.

A profesora González León centrarase nalgúns problemas relativos á protección do paciente menor de idade; como os criterios que se deben seguir para decidir cando os menores poden ser oídos, cando poden emitir o consentimento médico e cando poden acceder á súa historia clínica.

De igual modo encarará o xeito de delimitar cando o interese do menor esixe que os pais consintan por eles e accedan aos datos da historia clínica dos seus fillos sen necesidade da súa autorización.

Sobre a Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPap

A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria naceu no 2005 para dinamizar e ilusionar o traballo dos pediatras de atención primaria, mellorar a calidade das súas condicións de traballo e dignificar a súa imaxe como profesionais cun alto nivel de formación.

AGAPap, que conta con máis de 200 socios, forma parte da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap), pero actúa de xeito autónomo para alcanzares os seus obxectivos comúns.

Trevisani e a AGAPap

A AGAPap confía dende hai anos na empresa de organización de eventos Trevisani para a organización da súa reunión anual.

Así, Trevisani encárgase nestes congresos médicos de:

  • Secretaría técnica
  • Azafatas e persoal auxiliar
  • Apoio en comunicación
  • Gabinete de prensa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *