Politica de calidade

O sistema de política de calidade e medio ambiente de Trevisani ten acadado a  certificación conforme as normas ISO 9001:2008 e 14001:2004 en deseño e organización de congresos e feiras, xestión de protocolo e relacións públicas.

logo-ISO14001_color con NÚMERO DE CERTIFICADOlogo-ISO9001_color con NÚMERO DE CERTIFICADO

 

No noso afán por lograr unha mellora continua nas nosas actividades no campo da organización de congresos e feiras, protocolo e relacións públicas, así coma un maior compromiso cara o cuidado do medio ambiente que nos rodea, en TREVISANI. Comprometémonos coa implantación dun sistema integrado de xestión da calidade e do medioambiente a:

Asegurar a satisfacción dos nosos clientes, tendo en conta en todo momento as súas  necesidades.

Cumplir os requisitos establecidos; tanto os impostos polos nosos clientes coma os legais, regulamentarios ou de calquera outro tipo que no campo da calidade e do medio ambiente nos sexan requeridos.

Comprometémonos a mellorar de forma continua a calidade dos nosos proyectos, así coma a nosa actitude fronte aos impactos medioambientais que xere a nosa actividade.

Compatibilizar as actividades realizadas cunha axeitada protección do medio ambiente, previndo a contaminación que puidera xerar a nosa actividade.

Minimizar a xeración de residuos e proporcionar formación e medios aos nosos empregados para que colaboren activamente nesta causa.

A dirección de TREVISANI S.L. solicita a colaboración de todo o persoal, para que na medida das súas posibilidades asuman esta Política e a teñan presente en todas as súas actividades para acadar os obxectivos de mellora establecidos.