O Fórum Gastronómico 2019 da Coruña será máis grande

Galicia volverá ser sede do grande evento culinario,  Fórum Gastronómico 2019, do 10 ao 12 de marzo, na Coruña

Xa están en plena comercialización as dúas próximas edicións do Fórum Gastronómico, que acontecerán en Girona entre o 18 e o 20 de novembro de 2018 e na Coruña en marzo de 2019.

En concreto, as sedes serán o Palacio de Ferias y Palacio de Congresos de Girona y ExpoCoruña.

A feira comercial Fórum Gastronómico A Coruña 2019 aumenta a súa superficie

Numerosas empresas xa confirmaron que repetirán no Fórum Gastronómico 2019, na Coruña, e elas estanse a sumar algunas que se estrearán.

Grazas a elas, o evento esperta expectación e volvera medrar en superficie expositora.

Fórum Gastronómico consolidouse como un evento innovador no seu sector, creador de novidades que logo foron imitadas noutros congresos, como a cociña en directo con degustación para os asistentes, obradoiros e programas especializados, accións específicas para patrocinadores e expositores…
Trátase dunha grande cita con feira comercial que dinamiza a miles de profesionais e interesados.
Desde a súa primeira edición en Galicia, Santiago de Compostela 2008, a empresa de eventos e congresos Trevisani traballou nesta cita, da que é delegación no noso país.
A gastronomía galega, os seus cociñeiros e produtos avanzaron grazas ao Fórum Gastronómico.
A súa feira consolidouse coma unha plataforma óptima para a promoción comercial e o intercambio profesional.
Un total de 150 medios acreditáronse para a pasada edición na Coruña, en 2017.
Xa que logo, os xornalistas consideran este congreso coma unha cita ineludible á que deben acudir e da que deben dar conta.

Avance do Fórum Gastronomico de Girona

Na súa presentación, Pep Palau e Jaume von Arend avanzaron actividades e participantes na inmediata cita de Girona de novembro.

Non han faltar: Joan Roca, Rodolfo Guzmán, Esther e Nacho Manzano, Pepe Solla e Xoán Crujeiras ou Jordi Cruz. Tamén haberá dúas matinais con seis sesións consecutivas.

Haberá unha notable presenza de mulleres con Iolanda Bustos, Lucía Freitas, María José San Román, María Solivellas ou Begoña Rodrigo.

O seu último día tamén acudirán Albert Sastregener, Miguel Ángel de la Cruz, Nanín Pérez, Borja García, David Andrés e Benito Gómez.

Nos obradoiros con degustación estarán: Paco Pérez, Adeline Grattard, Artur Martínez, Marc Ribas, Xavier Pellicer, Nandu Jubany o Antonia Klugmann, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *