A Denominación de Orixe Ribeiro volve confiar no equipo de Trevisani para un evento que se desenvolve en tres partes na Cidade da Cultura de Santiago

A Denominación de Orixe Ribeiro promove coa colaboración da Cidade da Cultura de Galicia Enocións by Ribeiro, un programa de actividades que quere reflectir as emocións que fan aflorar o Camiño de Santiago uníndoas aos viños da D.O. Ribeiro,
legado do Císter e  historicamente ligados á ruta xacobea.

Serán tres ocasións únicas nas que os asistentes poderán gozar de distintas expresións artísticas, coñeceren algo máis dos viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia e participar nunha visita guiada á exposición Camiño. A Orixe.

Persoal auxiliar, tarefas de produción, apoio á comunicación, deseño, imaxe, dinamización de visitas, confirmación de reservas, azafatas… son algunhas das tarefas que a empresa de organización de eventosTrevisani leva a cabo.

O xoves 7 de maio chega a primeira das Enocións by Ribeiro. Serenidade, contemplación… son as emocións que atoparán os asistentes. Estes reuniranse no Punto de Encontro da Cidade da Cultura e, tras realizar o percorrido pola exposición Camiño. A Orixe, accederán á zona ‘enocións by’ para gozar coa música de Guadi Galego e as mellores imaxes sobre a Denominación de Orixe Ribeiro e o Camiño de Santiago do reputado fotógrafo Xurxo Lobato, acompañadas en todo momento pola cata comentada de catro viños singulares da man dun prestixioso personaxe do mundo vinícola de Galicia.

O xoves 11 de xuño chegará a exaltación e a forza da natureza a través da harmonía entre a gastronomía de Pepe Solla e outros catro viños, con acompañamento musical de DJ Analis. O cociñeiro de Casa Solla, estrella Michelín, elaborará unha serie de petiscos que evocarán a natureza do Camiño a través de olores, cores e sabores e acompañarán a catro viños do Ribeiro coas mesmas características.

A ledicia, a gratitude, o optimismo… serán as emocións que xurdirán coas palabras e o humor de Carlos Blanco. Un monólogo divertido, no que non han faltar referencias aos viños do Ribeiro, para o xoves 10 de setembro.e 12 euros;

Cada unha das tres accións ten un prezo de 12 euros; pódese mercar un bono para o conxunto das tres Enocións by Ribeiro a 30 euros. As entradas inclúen as actuacións, degustacións comentadas dos viños da D.O. Ribeiro e visitas guiadas a Camiño. A Orixe e están á venda nos propios eventos, en www.ataquilla.com, na Reixa Tenda, de Compostela e na sede do C.R.D.O. Ribeiro, en Ribadavia.

A exposición Camiño. A orixe presenta unha selección de 150 obras de artes e 11 intervencións artísticas, para mostrar unha visión contemporánea da ruta. Trátase dun proxecto dirixido por María García-Alén que se remonta no tempo ata o ano 820 d.C, co eremita Paio atopando a tumba do Apóstolo. Esta mostra conta con obras mestras de artistas como Durero ou Murillo, procedentes de institucións como a Galería Uffizi ou o Museo do Prado, e outras pezas dun alto valor cultural. Ademais, Camiño. A orixe complétase co proxecto Lugares xacobeos, intervencións artísticas realizadas por creadores da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

Para o C.R.D.O. Ribeiro, estar presente dentro da familia de mecenas da Cidade da Cultura, e participar como patrocinador activo desta exposición sobre a orixe do Camiño de Santiago, é un paso máis cara a consolidación da marca Ribeiro no seu mercado vocacional, Galicia, o principal consumidor de viños D.O. Ribeiro, así como alimentar a alianza histórica co Camiño de Santiago,  sendo viticultores do Ribeiro protagonistas principais na construción de camiños e pontes a Santiago, dando lugar ao chamado  Camiño Miñoto, un dos posibles eixos da ruta xacobea. Dentro do seu plan estratéxico o C.R.D.O. Ribeiro continúa o seu prantexamento de accións acordes á  historia, a profesionalidade na xestión, a busca da excelencia na calidade, e a potenciación da marca, unha das mais recoñecidas de España.

A Denominación de Orixe Ribeiro está a reforzar a imaxe do #movimientoribeiro coa súa presenza en facebook (https://www.facebook.com/DenominacionOrixeRibeiro) e twitter @CRDO_Ribeiro.

eventos-azafatas-comunicacion

La Denominación de Origen Ribeiro ha vuelto a confiar en el equipo de Trevisani para un evento que se desarrolla en tres partes en la Cidade da Cultura de Santiago

La Denominación de Origen Ribeiro promueve con la colaboración de la Cidade da Cultura de Galicia Enocións by Ribeiro, un programa  de actividades que quiere reflejar las emociones que hace aflorar el Camino de Santiago uniéndolas a  los vinos de O Ribeiro, legado del Císter e históricamente ligados a la ruta jacobea.

Serán tres ocasiones únicas en las que los asistentes podrán disfrutar de distintas expresiones artísticas, conocer algo más de los vinos de la Denominación de Origen más antigua de Galicia y participar en una visita guiada a la exposición Camino. El Origen.

Personal auxiliar, tareas de producción, apoyo a la comunicación, diseño, imagen, dinamización de visitas, confirmación de reservas, azafataas… son algunas de las tareas que la empresa de organización de eventos Trevisani lleva a cabo.

El jueves 7 de mayo llegará la primera de las Enocións by Ribeiro. Serenidad, contemplación… son las emociones que se encontrarán los asistentes. Estos se reunirán en el Punto de Encuentro de la Cidade da Cultura y, tras realizar el recorrido por la exposición Camino. El Origen, accederán a la zona ‘enocións by’ para gozar con la música de Guadi Galego y las mejores imágenes sobre la Denominación de Origen y el Camino de Santiago del fotógrafo Xurxo Lobato, acompañadas en todo momento por la cata comentada de cuatro vinos Ribeiro.

El jueves 11 de junio llegará la exaltación y la fuerza de la naturaleza a través del maridaje entre la gastronomía de Pepe Solla y los mejores vinos, con acompañamiento musical de DJ Analis. El cocinero de Casa Solla, estrella Michelín, elaborará una serie de tapas que evocarán la naturaleza del Camino a través de olores, colores y sabores y acompañarán a cuatro vinos de O Ribeiro con las mismas características.

La alegría, la gratitud, el optimismo… serán las emociones que vengan de la mano con las palabras y el humor de Carlos Blanco. Un monólogo divertido, en el que no faltarán referencias a los vinos, que se celebrará el jueves 10 de septiembre.

Cada una de las tres acciones tendrá un precio de 12 euros y es posible comprar un bono para el conjunto de las Enocións by Ribeiro a 30 euros. Las entradas incluyen las actuaciones, degustaciones comentadas de los vinos de la D.O. Ribeiro y visitas guiadas a Camino. El Origen y están a la venta en los propios eventos, www.ataquilla.com; en A Reixa Tenda, de Compostela; y en la sede del C.R.D.O. Ribeiro, en Ribadavia.

La exposición Camino. El origen presenta una selección de 150 obras de artes y 11 intervenciones artísticas, para mostrar una visión contemporánea de la ruta. Se trata de un proyecto dirigido por María García-Alén que se remonta en el tiempo hasta el año 820 d.C., con el eremita Pelayo encontrando la tumba del Apóstol. Esta muestra cuenta con obras maestras de artistas como Durero o Murillo, procedentes de instituciones como la Galería Uffizi o el Museo del Prado, y otras piezas de un alto valor cultural. Además, Camino. El origen se completa con el proyecto Lugares jacobeos, intervenciones artísticas realizadas por creadores de la Facultad de Bellas Artes de la Universidade de Vigo.

La Denominación de Origen Ribeiro está reforzando la imagen del #movimientoribeiro con su presencia en facebook (https://www.facebook.com/DenominacionOrixeRibeiro) y twitter @CRDO_Ribeiro.

eventos-azafatas-comunicacion

Pídenos
lo imposible