Conecta Fiction, un evento audiovisual para Europa e América

reuniones de trabajo en el evento conecta fiction, en Santiago

O equipo de Trevisani traballou no evento Conecta Fiction, desenvolvido en Santiago de Compostela

A segunda edición do encontro audiovisual Conecta Fiction reuniu na Cidade da Cultura de Galicia a 531 profesionais relacionados coa ficción televisiva internacional.

Esta cita está dedicado á coprodución de series de ficción para televisión entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos de fala hispana.

Estes asistentes, chegados de 20 países, tomaron parte dun amplo programa de actividades divulgativas, charlas, talleres, clases maxistrais e un número estimado de 2.400 reunións nas que xurdiron numerosas ideas creativas e coproducións.

Ademais, e de xeito paralelo, Conecta Fiction Fest ofreceu un programa paralelo de actividades para todos os públicos en distintos emprazamentos da cidade, como

  • Proxeccións de series e contidos audiovisuais
  • Talleres temáticos
  • Encontros con actores, guionistas e directores
  • Actuacións musicais

O evento estivo promovido e contou coa organización de a Xunta de Galicia, ICEX España Exportación e Inversiones e Fundación SGAE.

Traballos de Trevisani en Conecta Fiction

  • Apoio en Protocolo e Relacións Públicas
  • Persoal auxiliar e azafataz

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *