Balance do workshop en Madrid de EnoTurismo Galicia

evento rutas del vino de Galicia en Madrid

Profesionais dos sectores DMC e MICE puideron coñecer neste evento as posibilidades que ofrecen adegas e aloxamentos das cinco rutas do viño galegas

A marca EnoTurismo Galicia presentou a oferta enogastronómica das cinco rutas do viño galegas cun workshop que se desenvolveu o luns 28 de outubro en Madrid.

Esta cita foi organizada polo Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia.

Trevisani, empresa de congresos, eventos e incentivos, desenvolveu esta acción.

En concreto, acudiron 25 empresas galegas: nove, procedentes da Ruta do Viño Rías Baixas; seis, da Ruta do Viño Ribeiro; tres, da Ruta do viño Ribeira Sacra; unha, da Ruta do Viño Monterrei; e cinco da Ruta do Viño Valdeorras.

Ao evento achegáronse uns 200 profesionais representando a axencias de viaxe; empresas organizadoras de congresos e eventos; asociacións sectoriais; prensa; e distintas firmas dos sectores DMC e MICE.

O actor galego Sergio Pazos foi o encargado de guiar o acto de presentación, que contou con música en directo.

En representación dos cinco roteiros do viño falou Juan Manuel Casares, presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, quen agradeceu a posta en marcha este tipo de actividades e destacou a pluralidade de posibilidades que ofrecen as rutas galegas.

No evento tamén falou Cesáreo González Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.

A empresa de congresos e eventos Trevisani, no workshop de Enoturismo Galicia

Trevisani encargouse de distintas tarefas nesta acción de Enoturismo Galicia:

  • Coordinación xeral
  • Contacto con adegas, establecementos e asistentes
  • Deseño e escenografía
  • Secretaría técnica
  • Contratación de artistas
  • Apoio en protocolo e relacións públicas
  • Búsqueda e preparación de recinto
  • Apoio en comunicación e gabinete de prensa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *